Rede Nasa

Combine your search criteria to find the material you are looking for


Eurozone

Eurozone

Abrimos este espazo para transparentar o proceso de traballo de Eurozone, a nova obra dos Chévere. Para que podas entrar e compartir probas, erros, dúbidas e solucións que van aparecendo cada día. Un espazo onde poderás interactuar cos actores e actrices da obra e seguir o desenvolvemento dos ensaios a través dos diarios de cada un deles. No Blog de Eurozone tamén atoparás información sobre os materiais xerados, sobre convocatorias, ensaios abertos, datas de estrea e funcións da obra.

General conversation

  • Xron
    Xron:
    Eurozone, traballo de mesa. Primeiras sesións de traballo de Eurozone arredor dunha mesa, para situar minimamente os temas, referencias, documentos, personaxes e linguaxes que imos usar.
  • Xron
    Xron:
    Aquí falando de como abordar o traballo de interpretación, xa aparecen algunhas cuestións: traballar desde a non identificación do actor co personaxe, o actor pode odiar ao seu personaxe e facer que se note? O actor en escena asume un papel activo e ademais de interpretar poderá comentar en público a súa opinión sobre o seu personaxe e contar como fai para darlle forma, para construilo. Tamén empezan a sair triangulacións interesantes, as figuras públicas (políticos, banqueiros en xeral todo tipo de líderes) son actores e imos andar a procura de parecidos razonables e diferencias incuestionables entre políticos e actores coñecidos. Dúbidas desde o principio e ata o final, sen dúbida. 
  • Xron
    Xron:
    Despois do traballo de mesa pasamos á sala de ensaios, e antes que nada hai que preparar o corpo, porque o que nos espera pode ser duro... Caer e volver poñerse en pé, ese parece ser o destino da cidadanía europea.
  • Arantza Villar
    Arantza Villar:
    Estreando camarote!! Levamos tres semanas de ensaios e direivos que teño a cabesiña como un bombo (Europa, crise, Merkel, atraco, Mr. White, prima de risco, Reservoir Dogs, escaleira, FMI, riqueza, débeda, personaxes, actores...), o corpo canso e con maniotas, un sono feroz e a casa feita un cristo!! En resumo... ENCANTADA!!  Ademáis, por moito que dixeran os Mayas, non parece que hoxe vaia acabar o mundo! (aínda que os dous golpes que levei esta mañán improvisando poden ser mostra do contrario, non?)  
  • Xron
    Xron:
    Falando de xéneros, de thriller, de violencia, morte e asasinatos, Iván propuxo revisar escenas sacadas de pelis de serie B coma esta que é turca, unha morte non só incrible senón indescritible...
  • Patricia de Lorenzo
    Patricia de Lorenzo:
    E outras porque teñen que facer un espectáculo ...
  • Patricia de Lorenzo
    Patricia de Lorenzo:
    Este vídeo graveino hai unha semana e media. É do primeiro encontro entre Javier, o arquitecto gañador do concurso para o espazo escénico de Eurozone, Enrique Martínez, o encargado da construción e Xron.  
  • Patricia de Lorenzo
    Patricia de Lorenzo:
    Hai que atopar o camiño entre todas e todos, non vai quedar outra.  Nestes momentos falamos moito sobre o que, como, para que, quen... Non é fácil.
  • Patricia de Lorenzo
    Patricia de Lorenzo:
    Unha chorrada: visitando todo o blog, acabo de decatarme de que EUROZONE ten 8 letras, igual ca nós, que somos 8 en escena.  
  • Xron
    Xron:
    Así ven a crise española no Reino Unido. Polo menos esta é a versión que a BBC ofreceu o pasado domingo do colapso económico, político e social que existe no estado español e que, segundo din, pode ser decisivo para o futuro da Eurozona: "The great Spanish crash". O governo español enviou unha queixa oficial á BBC porque esta reportaxe distorsionaba a realidade, botádelle un ollo e opinade. Tampouco esperedes unha exhaustiva investigación, nin nomes propios, nin denuncias...