Rede Nasa

Combine your search criteria to find the material you are looking for


Eurozone

Eurozone

Abrimos este espazo para transparentar o proceso de traballo de Eurozone, a nova obra dos Chévere. Para que podas entrar e compartir probas, erros, dúbidas e solucións que van aparecendo cada día. Un espazo onde poderás interactuar cos actores e actrices da obra e seguir o desenvolvemento dos ensaios a través dos diarios de cada un deles. No Blog de Eurozone tamén atoparás información sobre os materiais xerados, sobre convocatorias, ensaios abertos, datas de estrea e funcións da obra.

Queres participar?

Se queres interactuar con nós durante o proceso de ensaios podes facelo a través deste microsite deseñado para que podas mergullarte no noso proceso de traballo e establecer diálogos abertos con calquera membro do equipo artístico.

A obra é o resultado dun proceso de traballo aberto, participativo e colaborativo que implica a todo o equipo e mesmo a outros axentes (profesionais, xestores, público). Para nós quen programa non é só quen contrata senón quen viaxa no mesmo barco.

Para sinalar a apertura do noso proceso de traballo, para transparentar os procedementos utilizados e para facer accesible o proxecto, empezamos a dar os primeiros pasos:

Convocamos un concurso de ideas para deseñar o espazo escénico, en colaboración co Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia

Os ensaios comezaron o 19 de novembro, se queres asistir a algunha sesión só tes que chamarnos: 981594996 :: info@grupochevere.eu

En xaneiro faremos pases con público, se queres asistir a algún avísanos!

A estrea está prevista para o 7 de febreiro, estariamos encantados de que puideses vir!