Rede Nasa

Combine your search criteria to find the material you are looking for


Eurozone

Eurozone

Abrimos este espazo para transparentar o proceso de traballo de Eurozone, a nova obra dos Chévere. Para que podas entrar e compartir probas, erros, dúbidas e solucións que van aparecendo cada día. Un espazo onde poderás interactuar cos actores e actrices da obra e seguir o desenvolvemento dos ensaios a través dos diarios de cada un deles. No Blog de Eurozone tamén atoparás información sobre os materiais xerados, sobre convocatorias, ensaios abertos, datas de estrea e funcións da obra.

Patricia de Lorenzo

Patricia de Lorenzo

On show

  • Patricia de Lorenzo:
    Eurozone no Irish Time. Durante a nosa estancia en Madrid entrevistounos Guy Hedgecoe de varios medios, entre eles o Irish Time. Este é o resultado: http://www.irishtimes.com/news/world/europe/euro-heist-as-gruesome-as-a-tarantino-gangster-film-1.1619936 Ms De Lorenzo
  • Patricia de Lorenzo:
    Pois xa estamos de volta. A verdade é que foi un pracer poder adicarnos só a subirnos ao escenario para actuar, sen ter que preocuparnos de mais nada durante este mes. Quedamos contentos do noso paso polo CDN, como creo que quedaron eles contentos con Chévere. A verdade é que xa molaba repetir para o ano que ven. Afortunadamente seguimos por Galicia e Portugal. Ah, e saiu outra crítica de Eurozone en Madrid, menudo dossier de prensa que nos traemos! http://avionesdesplumados.blogspot.com.es/2013/11/eurozone-compania-chevere.html?spref=tw
  • Patricia de Lorenzo:
    O fotógrafo Gabriel Tizón visitounos durante a nosa estancia en Madrid e deixounos este agasallo. Fotaza na porta do CDN cuns cans que andaban por alí. Chegarás lonxe Gabriel Tizón... Grazas.
  • Patricia de Lorenzo:
    Este é o enlace da nova no telexornal da galega sobre Chévere en Madrid. Como non temos costume de que se fale nestes espazos de Chévere, prestounos moito. Grazas a Sabela Romar, redactora da TVG en Madrid. Comentounos posteriormente que a nova tivo picos de audiencia. A verdade é que nunca entenderei como se miden estas cousas... http://www.crtvg.es/informativos/o-grupo-chevere-baila-con-merkel-en-lavapies-no-espectaculo-eurozone-699046
  • Patricia de Lorenzo:
    Esta finde compartimos teatro e camaríns coa compañía suiza Finzi Pasca, que está na sala grande cun espectáculo de circo de enormes dimensións. O que vedes na foto é parte do vestiario que usan a obra, un lote de caixóns que ocupan todo o corredor cheos de traxes, vestidos, plumas... Que desfase! Estivemos tentandos de collelos para renovar o armario da Ultranoite!
  • Patricia de Lorenzo:
    Estamos distribuidos por varios apartamentos de Madrid. No barrio de Chueca, diante da nosa casa, está pegado este cartel, nunha rúa chea de merda. Pero non temos moi claro que é o que está facendo exactamente Rajoy. Que dicides?
  • Patricia de Lorenzo:
    E pola tarde, ao rematar a función, coloquio co grupo de estudo de linguas ibéricas. Carme Lamela é o espírito mobilizador da gran parte do público de onte. Esta fin de semana no CDN falouse galego. Grazas á direción pola súa sensibilidade. Grazas tamén a 36 caracteres e o seu excelente traballo de sobretitulado das funcións.
  • Patricia de Lorenzo:
    Onte fomos dar un Obradoiro do Espectador ao barrio de Prosperidad. Tiñamos entre xs asistentes a persoas da Asociación de Veciñxs Valle Inclán, de Atac e do 15M. Un pracer mutuo a experiencia. Xesús Ron fai unha exposición tan ben fiada e tan auténtica...
  • Patricia de Lorenzo:
    Aquí un dos camaríns que usamos no teatro, hai unha chea deles. Nós actuamos na altura dun terceiro ou cuarto andar e o camarín está no soto.