Rede Nasa

Combine your search criteria to find the material you are looking for


Comments

Para manter ocupados a todos os actores, probamos a montar unha escena con dirección asistida, facilitando aos actores os obxectos que precisan sobre a marcha, segunda van facendo falta, como aquel anuncio de balay que presumía de  facilitarche a vida e poñía en escena a uns homes que andaban pola túa casa entregando calquera cousa que necesitases sen necesidade de pedila. Pois iso, pode ter gracia que teñamos varias persoas arredor nosa entregándonos e recollendo os obxectos que precisamos para facer a escena. A ver en que acaba!
Entramos na parte na que a clase dirixente europea empeza a matarse a maltratarse e matarse. De que maneira podemos transmitir a violencia que xeran as políticas que se están aplicando? E a rabia de quen as sufre? Ata onde se pode arrastrar un político ou un banqueiro á procura do seu propio beneficio? E ata onde está disposta a chegar unh actriz, un actor? Non teñades medo por ela, que máis ou menos está todo controlado...
Ao mellor máis ca un baile é unha liorta, pero son cousas que non están tan lonxe como parece. Este vídeo é dunha das primeiras impros feitas con música para unha escena que terá que seguir medrando, así podedes facer a comparación entre este principio e o que se acabe vendo no espectáculo. O que se escoita de fondo é un vals, un pouco casposo, non? Ou que vos suxire?
Todo é recuperable, sobre todo neste momento
Unha vez que a escaleira está instalada, toca poñela a proba.
Hai moito material de ensaios que non chega ao final do proceso. Por poñer un exemplo, deixamos este vídeo.
Parece todo un xogo de nenos no que só algún coñecen as regras e as poden cambiar para gañar sempre. O peor non é o xogo, nin as regras, senón como conseguiron que todos acabásemos xogando.
Outra impro á procura de como operar teatralmente en escena. Trátase de repartir unha escena de dous pesonaxes entre tres parellas de actores. Cada parella fai os mesmos personaxes, di o mesmo texto e executa os mesmos movementos, pero entran en escena con pequenas diferencias de tempo. É unha especie de canon que provoca un movemento escénico moi interesante. Xurde unha dinámica da propia escena que arrastra o interese do espectador por riba dos atrancos para entender a o diálogo. Unha multiplicación de factores que afectan a todo menos ao resultado. Outra maneira de velo é que se trata dun rebumbio que non aporta nada e que impide entender aos actores...

Si que temos falado disto, do cinismo, como algo que pon os pelos de punta máis alá do roubo, da estafa, do engano, tal e como di Javier Crudo... Algo de cinismo hai en Eurozone, dese cinismo á grega

Unha das primeiras improvisacións feitas en grupo para poñer en práctica o tipo de narración que queremos facer. O actor, a actriz, non só actúa, senón que sobre todo vai contando como é a súa maneira de operar en escena, cales son as súas referencias, como vai dicir a seguinte frase e por qué... Facelo só non deixa de ser a maneira natural de contar calquera historia, pero facelo en grupo supón todo tipo de problemas para que se entenda algo e para manter o interese do público. A dúbida é se ao desmantelar a ficción do tempo teatral, con todo o que iso supón, perdemos o interese e a complicidade do público ou a reforzamos.