Sobre as relacións entre a esfera da política e a esfera da economía, de como un político acaba nunha gran empresa cando deixa a actividade política, de como os políticos que privatizan as maiores empresas acaban tendo un soldo na empresa que foi privatizada, de omo se pagan os favores a gran escala: http://www.ivoox.com/comentario-javier-iglesias-08-01-2013_md_1691197_1.mp3
Rede Nasa
Comments
E outro exemplo máis para identificar as coincidencias ou as diferencias na visión da obra que temos cada un de nós. Algúns destes elementos comúns poderían ser o tratamento da violencia, os niveis de distanciamento que se poden superpoñer na interpretación dos actores, o paralelismo entre a esfera da política e a esfera da delincuencia... As dúbidas aparecen cando se trata de identificar un tono para o espectáculo, cando se trata de adaptar o guión da peli aos intereses da obra, cando se trata de imaxinar a relación entre personaxes reais da vida pública europea e personaxes de ficción...
Outra mostra deste traballo inicial para que cada un esinase a súa versión da obra a priori. Iván traballou con escenas soltas que non seguían a narrativa de ReservoirDogs, senón que se respondían a preguntas sobre a política ou o amor cunha estrutura moi clara. Que é un político?
Unha das primeiras cousas que fixemos en escenario foi que cada un de nós mostrase a súa versión da obra coa información que tiñamos o primeiro día. Houbo un tempo para prepararse a idea e para contarlla aos demais e logo 15 minutos para facela. Trátase de facer participativo o proceso, compartir visións, ideas e intentar que o escenario focalice todos os esforzos. Este é un fragmento de Eurozone segundo Borja, abordar a escena de todos matándose entre si con uns lendo o guión e outros facéndoo, todos ao mesmo tempo.
Esta é doutro personaxe distinto, é máis longa, pero tampouco ten desperdicio: "O capitalismo non é o curto prazo, é o longo prazo, a acumulación de capital, o crecemento a longo prazo. O capitalismo non é a primacía do especulador. É a primacía do emprededor, a recompensa do traballo, dos esforzo, da iniciativa. O capitalimso non é a disolución da propiedade, a irresponsabilidade xeralizada. O capitalismo é a propiedadde privada, aresponsabilidade individual, o compromiso persoal, é unha ética, unha moral, institucións. De feito, o capitalismo posibilitou o extraordinario auxe da civilización occidental desde hai sete séculos. A crise financeira que vivimos hoxe, meus queridos compatriotas, non é a crise do capitalismo. É a crise dun sistema que se ten afastado dos valores máis fundamentais do capitalismo, que traicionou o espírito do capitalismo."
Quen pode estar detrás desta profunda reflexión sobre o capitalismo?
Probando a buscar discursos públicos dos nosos oligarcas favoritos, atopei esta frase para a historia dunha das figuras máis relevantes da política europea dos últimos trinta anos, quen será? “Combatemos para amosar que a agresión non é proveitosa, e que aos bandidos non se lles pode permitir que obteñan o seu botín.”
Sen comentarios (ver vídeo ata o final, non dura moito)
Se os partidos políticos politizaron Europa, a xustiza, a sanidade, as caixas de aforros, o ensino, a maternidade, a mortalidade, a maneira de facer negocios, a loita sindical, a familia, a xestión da cultura, a publicidade, os medios de comunicación... nós politizaremos o teatro...
O "secuestro" da figura do neno do belén da praza do Obradoiro é outro exemplo máis de como a xente está relacionando a crise cun roubo ou cunha estafa e ten a necesidade de expresalo en voz alta usando outras maneiras porque os medios convencionais xa non serven para nada. Este sentimento xeralizado de que alguén sen escrúpulos nos está enganando e roubando e que non podemos resignarnos a ser vítimas é o detonante de Eurozone. Como din no vídeo, "se a política é un chiste queremos rir todas"