O rapto de Europa por Zeus está narrado por Ovidio nas súas Metamorfoses, no século I a. de C.
Segundo Ovidio, Zeus viu a Europa collendo flores coas súas doncelas á beira do mar e transformouse en touro para seducila. A princesa, sen sospeitar nada, subiu sobre o seu lombo; o touro mergullouse de repente no mar e levouna cruzando as ondas ata Creta. Preto de Gortina uníronse carnalmente xunto a unha fonte e baixo duns plátanos que, en memoria destes amoríos, obtiveron o privilexio de non perder xamais as súas follas. Desa unión de Zeus e Europa naceron Minos, Radamantis e Sarpedón.
Rede Nasa
Comments
Tortura. Publicidade. Bancos. E internet. Unha impro de Borja sobre a tortura, na que usa o audio da publicidade coa que os bancos asulagan internet (andas á procura dun vídeo crítico coa situación política actual e acabas tragando un consello sobre como multiplicar os teus aforros, é dicir, como quedar sen un peso).
A semana pasada presentáronse os novos billetes de euro que entrarán en circulación este ano. Levarán imprimida a imaxe da princesa Europa, esa princesa fenicia que foi raptada e violada por Zeus. Mario Draghi, o presidente do Banco Central Europeo, estaba todo contentiño estampando a súa sinatura nos novos billetes
Imos probar a darnos de ostias un pouco, a ver se a situación cambia, porque tampouco se trata de recibilas todas, ou non?
Xa empezamos a recibir algunha visita nos ensaios, aquí están Xavier Ron e Arantza falando co actor Jesús Barranco, que andaba uns días de xira por Galicia con Animalario.
Cómo se crea o diñeiro? É o diñeiro infinito? Podemos crear diñeiro sen fin? Que fabrica o diñeiro? O diñeiro é a moeda? Este vídeo pode facer que nos interesemos por como se crea e funciona o sistema monetario que é a base do noso sistema político e da nosa maneira de entender a vida. O diñeiro non é un obxecto, é unha idea. A débeda é unha ficción que crea riqueza, a débeda e o crédito son medios para crear diñeiro de maneira incontrolada. Se queredes saber máis sobre isto, non deixedes de ler o libro de David Graeber titulado "En deuda. Una historia alternativa de la economía", Ed. Ariel.
Miguel cóntanos como ve a composición do personaxe que fai Harvey Keitel en ReservoirDogs, cal é o seu xesto característico, como coloca os brazos, cal é a súa expresión, como se move...
Manolo fai un proba para introducir a composición de François Hollande en Harvey Keitel, ou o Señor Branco en Francia?
Con Mónica exploramos a unha xove Merkel no patio dun colexio da Alemaña do Este.
Seguindo co traballo de rodear aos personaxes que entrarán nesta Eurozone, Arantza presentou a súa versión de Christine Lagarde.