Outra mostra do suceso acadado en Cangas con Eurozone, crónica e crítica de Manuel Xestoso publicada no Faro de Vigo: http://www.farodevigo.es/portada-o-morrazo/2013/07/09/o-saiu-mal/842623.html#EnlaceComentarios
Rede Nasa
Comments
Ola Iñigo, esta montaxe era unha versión totalmente libre do texto de Benet i Jornet inzada de xogos de palabras, xiros e chascarrillos moi galegos, usouse algunha das cancións orixinais, pero a banda sonora era un pastiche no que entraban cancións de taberna, música que estaba de moda a finais dos oitenta e pop sicodélico.
Ao longo de varias semanas fixemos obradoiros do espectador en Calo (na fotografía, na Sociedade Recreativa de Calo), no local da asociación de veciños de Recesende, na mediateca O Grilo de Cacheiras, no local da Asociación A Mámoa de Luou, na Casa do Sindicato de Vedra e no IES de Cacheiras. Foi unha experiencia moi interesante, porque nos permite contactar unhas veces con grupos de xente moi activos culturalmente nas súas zonas e outras veces con públicos habitualmente afastados do teatro, que deste xeito atopan unha ponte para participar. É un traballo de aproximación, de formación, de captación e de fidelización de públicos que a nós mesmos ofrécenos motivos para a satisfacción. Participaron arredor de 60 persoas de todas as idades (de 14 a 80 anos) e de ámbitos rurais e urbanos, mulleres e homes. E case todas elas asistiron ao espectáculo. Moitas grazas polo interese demostrado e polos comentarios que nos fixeron antes e despois de ver a obra.
En paralelo ás funcións de Eurozone na Ramallosa, fixemos unha serie de obradoiros para espectadores co fin de achegar a obra a xente de distintas parroquias de Teo e mesmo de concellos limítrofes que nolo pediron. Aquí tedes unha imaxe da xente que nos acompañou neste obradoiro realizado na Casa do Sindicato de Vedra, un grupo de persoas entusiastas do teatro, da cultura e do seu concello vencelladas ao festival de teatro amador de Vedra, Teatrofilia.
E aquí unha foto do mesmo coloquio cos rapaces e rapazas de Boiro. Puidemos contrastar que Eurozone é perfectamente comprensible e interesante para adolescentes de 14, 15 e 16 anos. Segundo nos contaron, pasáronno moi ben, interesoulles todo o tema que se contaba e logo falamos un pouco das maneiras en que a crise lles afectaba.
Este é un pequeno fragmento do coloquio que mantivemos co alumnado do IES a Cachada de Boiro que asistiu a unha función matinal de Eurozone en Teo.
Despois da primeira fin de semana de funcións, hoxe tocou sesión de fotos e vídeo. Aproveitamos para facer unha gravación sen público co fin de ter planos curtos, de maneira que a cámara puidese entrar no escenario e seguir as accións dos actores e actrices con maior liberdade. Despois gravaremos unha función completa con público, para captar o ambiente e o directo.
Para a estrea sempre chegan moitos doces, desta vez tivemos unha tarta que fixeron no forno de Paloma, unha pateleira do concello de Teo e estas galletas de nata como as que facían as nosas nais hai ben anos, que trouxo Mónica. Pasou un bó traballiño e quedaron moi bonitas, pero houbo que deixalas repousar 24 horas para que a humidade da Ramallosa as deixara no seu punto.
Despois da estrea segue o traballo. No camarín os actores prepáranse antes da funcións e aquí non toca outra que pasarlle o ferro á túa roupa.
A única foto que me deu tempo a sacar na estrea. Cheo total e ambientazo.