Rede Nasa
Comments
Un comentario da estrea tirado do Facebook de Afonso Becerra:
"Veño da estrea, na Salason Cangas, d'AS FILLAS BRAVAS. Un magnífico traballo de transformación interpretativa das actrices Patricia de Lorenzo, Mónica García e Arantza Villar, en tres mulleres do rural de idades e pensamentos avanzados.
A través da revisión dunha escolma de cantos populares, coa axuda das pandeiretas e das culleres, practican un empoderamento da muller, tanto no que atinxe á sexualidade como no que respecta á xestión da vida en xeral.
Os comentarios desinhibidos e as cancións que ispen as relacións entre mulleres e homes, xunto ás actitudes aparentemente espontáneas e libres, fan as delicias do público.
O humor verde revélase de xeito explícito e atrevido unhas veces e outras a través do xogo e a reflexión sobre as metáforas e os símbolos que nas cancións populares agochan as mensaxes máis impúdicas.
Todo para reivindicar o poderío e o vitalismo da muller, cuxas ansias de autonomía e liberdade xa latexan nas letras das vellas cancións.
As tres mulleres, como Rosalía, non cantan as pombas e as flores... senón aquilo que lles proe e que lles peta.
"Daquelas que cantan ás pombas i ás frores
todos din que teñen alma de muller;
pois eu que non as canto, Virxe da Paloma,
...............¡Ai!, ¿de qué a teréi?"
Como As Tres Gracias hai nelas ledicia e forza indómita.
O espectáculo son elas tres cara ao público contando e cantando.
As actrices constrúen tres retratos sociolóxicos da muller rural valente e saben recoller o "gestus" que aglutina a súa idiosincrasia, pero, ademais, interprétanas singularizándoas e volvéndonolas reais e auténticas."
Do Facebook de Afonso Becerra:
Veño da estrea, na Salason Cangas, d'AS FILLAS BRAVAS. Un magnífico traballo de transformación interpretativa das actrices Patricia de Lorenzo, Mónica García e Arantza Villar, en tres mulleres do rural de idades e pensamentos avanzados.
A través da revisión dunha escolma de cantos populares, coa axuda das pandeiretas e das culleres, practican un empoderamento da muller, tanto no que atinxe á sexualidade como no que respecta á xestión da vida en xeral.
Os comentarios desinhibidos e as cancións que ispen as relacións entre mulleres e homes, xunto ás actitudes aparentemente espontáneas e libres, fan as delicias do público.
O humor verde revélase de xeito explícito e atrevido unhas veces e outras a través do xogo e a reflexión sobre as metáforas e os símbolos que nas cancións populares agochan as mensaxes máis impúdicas.
Todo para reivindicar o poderío e o vitalismo da muller, cuxas ansias de autonomía e liberdade xa latexan nas letras das vellas cancións.
As tres mulleres, como Rosalía, non cantan as pombas e as flores... senón aquilo que lles proe e que lles peta.
"Daquelas que cantan ás pombas i ás frores
todos din que teñen alma de muller;
pois eu que non as canto, Virxe da Paloma,
...............¡Ai!, ¿de qué a teréi?"
Como As Tres Gracias hai nelas ledicia e forza indómita.
O espectáculo son elas tres cara ao público contando e cantando.
As actrices constrúen tres retratos sociolóxicos da muller rural valente e saben recoller o "gestus" que aglutina a súa idiosincrasia, pero, ademais, interprétanas singularizándoas e volvéndonolas reais e auténticas.
Rematou a tempada da Ultranoite no País dos Ananos en Teo, despois de permanecer tres semanas en cartel, con oito funcións realizadas a cabalo da ponte do primeiro de maio e un total de 1.472 persoas que viñeron ver a obra. A media de asistencia foi de 184 persoas por función e o nível de ocupación chegou ao 75%.
Datos magníficos para unha obra de teatro, máis se temos en conta que non son cifras dun teatro público, nin sequera dun teatro dunha gran cidade. Son os resultados acadados por unha compañía de teatro privada cunha obra crítica co poder e posicionada políticamente, que foi exhibida nun pequeno concello. Unha obra tamén ambiciosa, tanto no plano artístico como na produción, cun elenco de 9 intérpretes, un musical made in Galiza con banda no escenario e actores e actrices cantando ao vivo. Datos que avalan unha vez máis o modelo de compañía residente posto en práctica por Chévere en Teo, malia non contar co apoio da Xunta nin dos teóricos do teatro.
Pero a realidade vén demostrar máis unha vez que un dos futuros do teatro pasa por trascender a lóxica do bolo puntual. Para crear novos públicos, para fidelizalos e para facer sostible o traballo dos profesionais cómpre unha dinámica distinta dos fluxos de produción, programación e comunicación que pasa por aumentar a permanencia en cartel das obras. Se un concello periférico, que non chega a 20mil habitantes e que non ten ningún núcleo urbano pode programar obras de teatro galegas durantes tres, catro e cinco semanas con medias de asistencia que se achegan aos 200 espectadores, que obxectivos non se poderían acadar nos teatros das grandes cidades galegas...
No número 95 da edición impresa de Sermos Galiza (8 maio 20149, publícase unha crítica da Ultranoite no País dos Ananos escrita por María Laxe, na que fai un repaso ao que foron as Ultranoite e ao que é esta viaxe ao País dos Ananos. Deixamos aquí unha foto, pero para ler con calma mellor facerse cun exemplar.