Esta última finde fixemos as funcións en galego con sobretítulos en castelán. Deu traballiño e houbo que facer un pase coas rapazas que levaban o sobretitulado, pero ao final quedou moi ben. Aquí tedes un aspecto de como se veían os títulos proxectados en plena función.
Rede Nasa
Comments
En Lavapies non somos os únicos en usar a imaxe de Rodrigo Rato, hai quen pide xustiza e castigo directamente. Mesmo o can parece estar agardando a que se faga xustiza.
Hoxe despois da función, probamos as zapatillas máis famosas de Lavapies, no bar Melo's. Polo nome xa descubriríades que é galego. Moi boas. E as croquetas tamén.
Esta finde compartimos teatro e camaríns coa compañía suiza Finzi Pasca, que está na sala grande cun espectáculo de circo de enormes dimensións. O que vedes na foto é parte do vestiario que usan a obra, un lote de caixóns que ocupan todo o corredor cheos de traxes, vestidos, plumas... Que desfase! Estivemos tentandos de collelos para renovar o armario da Ultranoite!
O xoves tivemos un coloquio co público despois da función. Quedaron unhas trinta persoas e estivemos conversando durante máis dunha hora. Nada máis empezar dixeron cousas moi bonitas do traballo, despois falamos un pouco de todo, pero é curioso como se repite a mesma pregunta sobre a posibilidade dunha censura por estar programados no CDN cun espectáculo coma este.
Como vedes, Eurozone está movendo moito público, moito máis do que esperabamos. Un gustazo.
Cada noite despois da función toca tomar unhas cañas e unhas tapas por Lavapies. En xeral, todo máis barato ca en Santiago. Hoxe paramos no Lamiac, unha taberna vasca perto de Antón Martín, resultou difícil decidirse por unha tapa, non hai mais que mirar as caras de Miguel, Manolo e Patricia, todas tiñan moi pinta, así que fixemos unha degustación completa.
O luns 4 de novembro fixemos un obradoiro para espectadores na Casa de Galicia de Madrid. Fumos Patricia, Pepe e máis eu. Organizou o Espazo das Linguas Ibéricas, que ten cedida unha pequena aula no soto do edificio para dar as clases de galego. Sobre todo debemos dar as grazas a Carme Lamela, profesora e activista de toda a cultura galega que pasa por Madrid, que actuou de anfitriona e coordenadora E tamén a toda a xente que participou, moita galega pero tamén doutros sitios, porque foi un encontro moi interesante para nós. O domingo virán ver unha das funcións en galego, creo que son máis de cincoenta persoas que xa se apuntaron.
A semana que vén tamén haberá un debate en paralelo ás funcións de Eurozone. Faise dentro dun ciclo titulado "Los lunes con voz" e participarán varios xornalistas, profesores e economistas: Carlos Berzosa, César Molinas, Ricardo Zaldívar e Alicia González, modera Leticia Iglesias.
Aquí un dos camaríns que usamos no teatro, hai unha chea deles. Nós actuamos na altura dun terceiro ou cuarto andar e o camarín está no soto.