Rede Nasa
Amores Prohibidos 2.0
How could Romeo and Juliet's story be if they lived in Boiro in 2012? Could they live their love story with a linguistic conflict between? Is it possible to make a theater play without a scene, only with the web and social networks? Amores Prohibidos 2.0 tried to answer these questions and to update a classic work in the digital world. You can check what has happened with Romeo and Juliet from 23 to 27 april, follow their dialogues and characters interactions. See more.
On show
Day 4: thursday
-
Xespir:
Bo día. Por dicir algo. Na Cachada, despois do de onte, aínda tremen os cimentos do instituto. A cicloxénese non é un fenómeno atmosférico. É a onda expansiva derivada do estalido dunha guerra filolóxica. Unha guerra á que lle faltan aínda uns cantos episodios. Pois sigamos na trincheira.
-
Baldo:
Ei, vistes a Xiana? Non apareceu pola clase de Hermida a primeira hora... e no recreo busqueina pero tampouco a atopei. :S
-
Baldo:
Acabamos de ir pola casa de Xiana e non está, imos coa súa nai ajora á Jarda Sivil. :(
-
Baldo:pffff pois o teléfono teno apajado, e se non é por estar en clase a ver por que é...
-
Baldo:
Mimá, ajora que me conectei vexo que no Tuenti tampouco está. Aparese como que xa non somos amijos... que comedia é esta? Tanto se enfadou polo de onte? En serio, empésome a preocupar. Se a vedes disídelle que me chame.
-
-
Rossi:
Baldo, a lo mejor ayer me pasé un poco. No pensé que Romero te fuera dar tan fuerte, ya le vale. Pero que sepas que se comenta por ahí que estás muy sexi con esas cicatrices.
-
Baldo:Rossi, por casualidade non verías a Xiana... Xa teño que estar desesperado para prejuntarche a ti, pero estoulle prejuntando a todo o mundo. Se sabes aljo avisa.
-
-
Ana:
Como chove en Compostela instagr.am/p/J4fSSdmuI_/
— Ana Riveiro Blanco (@AnaCabo93) abril 26, 2012 -
Xespir:
Acabo de acordarme de que teño unha vella amiga que é profesora de inglés no Peleteiro. Vouna chamar a ver se sabe algo de Romero.
-
Nai de Xiana:
Que tarde chega Xiana para comer. Pola mañá cando marchou para o instituto xa estaba rara...
— Belén González (@gonzlez_beln) abril 26, 2012 -
Ana:
Hoxe menú ecolóxico no comedor da USC. Pois podían poñelo en galego, por ecoloxía instagr.am/p/J4ow11GuLq/
— Ana Riveiro Blanco (@AnaCabo93) abril 26, 2012 -
Baldo:
Ajora ao saír de clase fomos a casa de Xiana, e súa nai tampouco sabe nada dela, pensaba que estaba no instituto porque saíu pola mañá sedo. Isto ten moi mala pinta. Fun con ela á Jarda Sivil poñer unha denunsia, pero tamén temos que tomar nós a inisiativa para buscala. Axudádenos poñendo este cartel onde poidades: na rúa, no Facebook, no Tuenti... temos que atopar a Xiana entre todas e todos!!!
-
Rossi:Dejémonos de niñerías, Sandra y compañía. Ahora lo importante es Ella. Yo por mi cuenta ya etiqueté a todo el mundo en el tuenti con el cartel.
-
-
Garda Civil 1:
Informamos dende o posto da Garda Civil de Boiro. Damos conta da aparición dun teléfono móbil no autobús Arriva da liña Ribeira - Santiago. Crese que pertence a unha rapaza duns quince anos que subiu na parada de Boiro ás 10:30am. Podería pertencer á moza de Cabo da Cruz cuxa desaparición denunciaron este mediodía os seus familiares. A Garda Civil está a examinar o disporitivo, que estaba desconectado, e investigará as súas últimas chamadas e mensaxes para buscar algún sospeitoso. Daremos máis información en vindeiros partes.
-
Garda Civil 2:Con isto das redes sociais e os adolescentes calquera precaución é pouca, amigos.
-
-
Ana:
Que colexios privados ou internados hai en Santiago? Teño aquí unha colega que me está preguntando e eu nin idea, a verdade.
— Ana Riveiro Blanco (@AnaCabo93) abril 26, 2012 -
Xespir:
Estou especialmente emocionado. Chegounos agora unha mensaxe en vídeo, procedente dun lugar moi próximo á miña casa. Teño morriña, teño saudade. Grathanks, amigas.
Xa me encargo de que Mejuto, Rossi e Xiana tomen boa nota dos vosos consellos.
-
Ana:
Si, xa fomos ao Juniors e ao Sta Apolonia e non atopamos o q buscamos. @carapucha di q vaiamos ao Peleteiro, é a nosa última esperanza. grzs
— Ana Riveiro Blanco (@AnaCabo93) abril 26, 2012 -
Garda Civil 2:
Boas tardes. Estamos levando a cabo unha investigación relacionada coa desaparición de Xiana Souto González, que nos levou a intervir en distintas redes sociais e sitios webs, entre eles este. Por tanto, a partir deste momento todas as mensaxes e perfiles aloxados nesta páxina serán intervidos e investigados por se ofrecesen algunha pista para dar co paradeiro do referido suxeito obxecto de busca.
Aproveitamos esta ocasión para advertir unha vez máis, sobre todo aos individuos menores de idade, que convén extremar as precaucións cando se opera en internet. Non compartir con ninguén fotos persoais, íntimas ou que comprometan o prestixio ou a integridade da persoa. Nin sequera co teu mellor amigo, coa túa noiva, co teu profesor nin ninguén. Os axentes da Garda Civil especializados xa coñeemos numerosos casos de vítimas... xa detivemos a moitos... xente que distribúe este tipo de imaxes a traición... Algunhas actrices xa o pagaron caro.
Solicitamos a vosa colaboración.
-
Garda Civil 2:En respuesta a la persona que se identifica como Mejuto, he de decirle que en el juego, y en ello se incluiría el fútbol, es donde más peligros suele haber, pues los sujetos se sienten seguros mientras realizan una actividad que les resulta habitual y que llevan a cabo rodeados de gente conocida para ellos, situación que una persona malintencionada puede aprovechar para actuar desvirtuando una práctica que debiera ser inocente.
-
Mejuto:Hola, buenas tardes. Muchas gracias por su trabajo en este caso. Yo en mi tuenti nunca cuelgo ninguna foto que no sea jugando al fútbol con más gente. Eso tiene algún peligro, señor agente?
-
Romero:
Por fin encontré un ordenador aquí destranjis. Mimá, cuantos correos tengo sin leer...
-
Mejuto:Oye tio no me dejes así, que mail puede ser más importante que hablar con un colega?
-
Romero:Que dices, no puede ser, tio... Espera, estoy viendo un mail que tengo que leer ya, luego hablamos.
-
Mejuto:Míos no encontrarás fijo, porque tengo abandonado el tuenti desde ayer. No sabes la que se armó aquí hoy, colega. Te acuerdas de la prima de Baldo? Esa de 3º que estaba de cumpleaños en la fiesta de los paletos el otro día, no sabes? Anda desaparecida y todo el mundo la está buscando. No sé de que se extrañan, estos galleguistas andan más perdidos que su propia causa. Tú que tal en Peleteiro?
-
-
Ana:
Dixéronnos q estaba aqui o Peleteiro pero non hai nada, vaia merda de tarde. A miña colega está moi deprimid instagr.am/p/J5KZt4muIc/
— Ana Riveiro Blanco (@AnaCabo93) abril 26, 2012-
Xespir:Hai que pinchar no enlace de instagr.am para ver a foto, paréceme a min.
-
-
Romero:
Xiana, ía contestarche o correo pero dada a situación, mellor dígocho de palabra, e de paso entéranse todos. Quero que isto sexa público.
-
Director do IES A Cachada:Baldo acaba de avisarme para que vexa este vídeo e de aclararme ata onde chega a súa responsabilidade na pelexa de onte. Romero non é un santo pero tal vez non mereza un castigo tan grande. Podería xuntar o Consello Escolar para que reconsidere a súa expulsión, pero para levar adiante ese trámite precisaría dun amplo apoio da comunidade escolar. Vou facer unha excepción: se me conseguides como mínimo 200 sinaturas apoiando unha petición para que sexa readmitido creo que non sería difícil convencer o resto do Consello Escolar. Atentamente, Mariano
-
Rossi:Hay gente que cambia de repente, que un día piensa una cosa y al día siguiente la contraria. Pero yo sigo siendo fiel a Mí Misma. <3
-
Baldo:
A túa linjua vese que está áxil, o meu naris inda tá morado... Pero benvido ao lujar que nunca debiches abandoar. Vese que falas con sinseridá e que falas ben. Díjoche unha cousa, Romero, estou sejuro de que Xiana marchou por ti, así que ajora temos que faser aljo xuntos, ti, eu e máis todos os demais. Se consejimos que che readmitan, ijual ela aparese. Vou falar xa co director, haino que convenser. É que xa non sei que faser, tío.
-
Mejuto:
No me lo puedo creer!!! (a lo mejor dentro de un rato soy capaz de decir algo más)
-
-
Ana:
Despois da misión imposible de atopar o internado voulle axudar a miña amiga a afogar as penas. Arriba ese ánimo, que é xoves en Compostela!
— Ana Riveiro Blanco (@AnaCabo93) abril 26, 2012 -
Baldo:
Xa vistes o que dixo Mariano. Para consejir o noso obxectivo desta vez temos que estar todos xuntos. Temos pouco tempo e hai que actuar. Quero pedirvos a colaborasión a TOD@S: jallejo e castelánfalantes, deportistas, das traíñas, do volley, os de Cabo e as de Boiro, jrandes e pequenos, do Tuenti, do Twitter, do Facebook... a todos e todas. Incluídas esas persoas que poñen dous ss no nome.
Todo o mundo, a unha:
TEÑEN QUE READMITIR A ROMERO, TEN QUE APARESER XIANA.
-
Baldo:Ai, o carallo este do Actuable acaba de aumentar as sinaturas a 300, el só. Pois tamén as podemos consejir, coa vosa axuda ;)
-
-
Ana:
Que ricos bocatas fan aquí! instagr.am/p/J5egWoGuBN/
— Ana Riveiro Blanco (@AnaCabo93) abril 26, 2012