Chévere
Chévere Premio Nacional de Teatro 2014.
Chévere é unha compañía de axitación teatral con 27 anos de traxectoria. Neste tempo, converteuse nun dos grupos de teatro máis populares e queridos de Galicia, sorprendendo ao público non só co seu peculiar sentido do humor, senón tamén con proxectos sempre innovadores e unha estética e un estilo propios e moi recoñecibles. Aínda que...
Chévere Premio Nacional de Teatro 2014.
Chévere é unha compañía de axitación teatral con 27 anos de traxectoria. Neste tempo, converteuse nun dos grupos de teatro máis populares e queridos de Galicia, sorprendendo ao público non só co seu peculiar sentido do humor, senón tamén con proxectos sempre innovadores e unha estética e un estilo propios e moi recoñecibles. Aínda que mantén un núcleo estable (Miguel de Lira, Patricia de Lorenzo, Manuel Cortés, Xron), Chévere caracterizouse por incorporar aos seus proxectos a numerosos profesionais de distintas procedencias xeográficas e creativas, convertíndose nunha auténtica canteira teatral. No 2011 recibiu o Premio da Crítica de Galicia e o Premio de Honra do festival Internacional de Teatro de Ribadavia e vén de obter 5 Premios de Teatro María Casares en 2012 coa súa última obra, Citizen.
Chévere trata de aproximarse e de interesar a un público o máis amplo posible, utilizando o humor como vehículo para establecer unha comunicación directa. A súa é unha proposta de raíz popular, pero aberta a outras linguaxes contemporáneas: a música, o cómic, o cine, a pintura, a televisión... que se nutre do clown, do bufón e do esperpento e que se serve dos xéneros (o musical, o western, a ciencia-ficción, o terror, o romántico, o cabaret, a ópera) para falar do noso mundo sen complexos.
Desde a irrupción do colectivo no panorama do teatro galego en 1988, cun grupo amplo de xente moi nova, Chévere veu mantendo unha proposta estética ecléctica, desarraigada e singular e un importante intervencionismo cultural en todo tipo de frontes: accións de rúa, recuperación de festas populares, organización de festivais, concertos, edición de libros, discos, k7, CD’s...
Chévere, ademais, promoveu a creación dunha sala estable de espectáculos en Santiago de Compostela: a Nave de Servicios Artísticos-NASA, que xestionou e alimentou creativamente desde outubro de 1992 ata outubro de 2011. A parte de ser o cuartel xeral da compañía e de servir de base para a produción cultural da cidade, a NASA foi un punto de encontro para o público máis atrevido e implicado, e un dos centros máis importantes e emblemáticos da cultura independente en Galiza, favorecendo o intercambio e o encontro con grupos, colectivos e artistas doutros territorios.
Chévere son:
Información de contacto
www.grupochevere.eu
www.facebook.es/grupochevere
Descargas de Chévere:
- expochevere_panel1 (pdf)
- expochevere_panel2 (pdf)
- expochevere_panel3 (pdf)
- expochevere_panel4 (pdf)
- expochevere_panel5 (pdf)
- expochevere_panel6 (pdf)
- expochevere_panel7 (pdf)
- Proposta Eurozoone. (pdf)
- Datos da residencia teatral de Chévere 2009/2013 (pdf)
- Informe de avaliación da residencia teatral de Chévere en Teo en 2012 (pdf)
- Proposta Viaxe ao País dos Ananos (2013) (pdf)
- Proposta As Fillas Bravas (2014) (pdf)
- Sexo, mentiras e códices calixtinos (texto completo) (pdf)
- Eurozone (texto completo) (pdf)
- Ultranoite e finde en Ortegal (pdf)
- Citizen I (texto completo) (pdf)
- Citizen I (texto traducido a español) (pdf)
25 persoas están seguindo a Chévere
Queres recibir por email a axenda de Chévere? Poderás deixar de facelo en canto ti queiras.
O muro de Chévere
Obradoiro de prácticas de creación escénica con Chévere en Teo, 21 e 22 decembro
Chévere Sé o primeiro en comentar
Texto