Semanas atrás quedamos a merendar en casa de Patricia para falar do País dos Ananos, o traballo que temos entre mans. Despois de tantos anos, para iniciar un novo proxecto é fundamental poder sentir o gusto de verse e falar e estar xuntos. A merenda permítenos crer que seguimos facendo o que facemos porque nos gusta. Necesitamos sentir que non estamos traballando. Que simplmente vivimos. E mentres mollas o biscoito no café, e Miguel fai unha brincadeira e Manolo ensina un vídeo no móbil e Carlos sentencia este momento a perdurar na memoria, entón pensamos que ao teatro e á arte e á cultura que lle dean moito polo cú. Que o que nos xunta aquí outra vez é outra cousa.
![Merendola Chévere no País dos Ananos](/scene/uploads/$fotos/foto/53047429491a5-2014-01-1417.38.11.jpg?options=resize%2C800%2C%2C%2C)