Rede Nasa

Combina os criterios de busca para atopar ese material que estás procurando


Faite tripulante!

Redenasa.tv quere ser unha iniciativa sustentable e independente, útil para todas aquelas persoas interesadas en que exista unha oferta de contidos culturais de calidade en internet. Por tanto, a fonte principal de financiamento deben ser as achegas feitas pola propia comunidade de usuarios.

Se ademais de usuario queres formar parte da tripulación de Redenasa e colaborar economicamente ao seu mantemento para que todos os contidos sexan abertos, podes facer unha transferencia ou depósito na conta 2100 5753 03 02 00055189 a nome de Redenasa.tv, indicando o teu nome e contacto. Ti decides a cantidade que queres achegar.

Estas son as vantaxes e contraprestacións que ofrecemos á tripulación:

  • Toda a tripulación ten acceso a un espazo propio dentro de Redenasa.tv, onde poder subir vídeos, fotografías, textos, audios e documentos para descargar.
  • Toda a tripulación recibirá unha camisola de Redenasa.tv
  • Toda a tripulación terá acceso ás retransmisións via streaming de ensaios, pre-estrea e estreas que se fagan a través de Redenasa.tv e que terán un carácter restrinxido.
  • Cunha achega a partir de 60€ anuais recibirás ademais un libro da colección Ultratextos.
  • A partir de 120€ anuais terás ademais un convite para todos os espectáculos programados no auditorio da Ramallosa (Teo).
  • Se é superior a 200€ anuais terás ademais un convite para todos os espectáculos e todas as funcións programadas no auditorio da Ramallosa (Teo).