Rede Nasa

Combine your search criteria to find the material you are looking for


Video

Eurozone Chévere

Abrimos unha serie para seguir o traballo en proceso de Eurozone, a obra que Chévere está preparando para estrear en febreiro de 2013. Eurozone trata sobre a crise, sobre Europa, sobre nós. Buscando unha explicación ao que está sucendendo decidimos establecer un paralelismo entre Reservoir Dogs, a peli de Tarantino, e crise de soberanía en Europa. Probar a cambiar matóns por políticos e a ver que pasa.

  • Previous
  • Next
Insert

Traballando na escaleira

Primeira reunión entre dirección, arquitecto e construtor. A semana pasada Javier Domingo Ballestín, o arquitecto gañador do concurso para o espazo escénico de Eurozone convocado por Chévere e o COAG desprazouse desde Zaragoza para manter un encontro de traballo con Chévere e Enrique Martínez, que será o encargado da construción da escaleira mecánica.

Seguiremos poñendo imaxes de como os planos se van convertindo en realidade.