Rede Nasa

Combine your search criteria to find the material you are looking for


Photos
Insert

República de Gundián

A compañía de teatro amador de Vedra, Andaravía Teatro, estrea o sábado 1 de Xuño e o domingo día 2 o seu novo espectáculo, a "República de Gundián. Un sainete futurista", escrito e dirixido por Carlos Santiago en colaboración con Pepe Penabade. Unha sátira do tempestuoso momento actual que mestura as armas cómicas do sainete cunha trama de política ficción ambientada no ano 2031, cando unha aldea situada á beira do río Ulla desafía ao estado español cun ultimato radical: ou soberanía fiscal ou independencia. O espectáculo e a crise están servidos.