Rede Nasa

Combine your search criteria to find the material you are looking for


Video
Insert

Romances Inconclusos (I)

Déixovos a retransmisión feita en streaming da escrita de 22 Romances Inconclusos, vindeiro número da colección O Lapis do Taberneiro, a cargo de Quico Cadaval. Durante todo o día 27 de Febreiro, o autor acometeu a proeza de escribir vinte e dous relatos de principio prometedor e precipitado final na mesa do fondo do Café Bar Trece. A performance, difundida nas redes sociais, acabou durando dezanove horas, entre as nove e media do día 27 até as cinco da mañá do día 28. Vai repartida en cachos de catro horas ligados abaixo.

O resultado da performance será dado ao prelo esta semana e publicado en breve, e tamén dará lugar a unha reportaxe a partir do material gravado.

22 Romances Inconclusos (II): http://youtu.be/_0YVJLQWnrw

22 Romances Inconclusos (III): http://youtu.be/dj-HVIt5SF4

22 Romances Inconclusos (IV): http://youtu.be/rl6qDVbca3g

22 Romances Inconclusos (V): http://youtu.be/RaSZwB99RTE

2 comments

Patricia de Lorenzo
Patricia de Lorenzo: Está ben comezar cun café.
|
Javier Abraldes
Javier Abraldes: Impresionante... por lo menos hasta donde he visto...
|