Dúas das funcións do Eurozone no Centro Dramático Nacional foron na súa lingua orixinal, o galego. O domingo día 10 de novembro, logo da función, a petición dos propios espectadores, estivemos a falar un pouquiño sobre Eurozone, Chévere e o teatro. Aquí podes ver un anaco da conversa, feita "case" integramente en galego durante máis dunha hora. O galego tomou o CDN e o teatro público demostrou a súa capacidade para abrirse á sociedade e cederlle o protagonismo.
Eurozone Chévere
Abrimos unha serie para seguir o traballo en proceso de Eurozone, a obra que Chévere está preparando para estrear en febreiro de 2013. Eurozone trata sobre a crise, sobre Europa, sobre nós. Buscando unha explicación ao que está sucendendo decidimos establecer un paralelismo entre Reservoir Dogs, a peli de Tarantino, e crise de soberanía en Europa. Probar a cambiar matóns por políticos e a ver que pasa.