Eurozone vai camiño de ser un traballo moi coral e horizontal. Para iso hai que intentar trascender as xerarquías de protagonistas, principais, secundarios. Disolver o protagonismo da individualidade que se luce no protagonismo do grupo que se apoia. Romper a identificación intérprete-personaxe, xénero-personaxe, intérprete-xénero. Ampliar a relación do personaxe a todo grupo, calquera pode pasar por cada personaxe ao longo da acción. Achegarnos a un intérprete queer que puidese ter identidades e personaxes cambiantes ao longo da obra, en cada escena... En fin, para iso antes que nada hai que prepararse para estar xuntos en escena (para salvar obstáculos en grupo) e niso andamos adestrándonos. Parece doado, pero non o é.
Eurozone Chévere
Abrimos unha serie para seguir o traballo en proceso de Eurozone, a obra que Chévere está preparando para estrear en febreiro de 2013. Eurozone trata sobre a crise, sobre Europa, sobre nós. Buscando unha explicación ao que está sucendendo decidimos establecer un paralelismo entre Reservoir Dogs, a peli de Tarantino, e crise de soberanía en Europa. Probar a cambiar matóns por políticos e a ver que pasa.
Preparándose para estar xuntos en escena
Log in or register above to comment