Outra impro á procura de como operar teatralmente en escena. Trátase de repartir unha escena de dous pesonaxes entre tres parellas de actores. Cada parella fai os mesmos personaxes, di o mesmo texto e executa os mesmos movementos, pero entran en escena con pequenas diferencias de tempo. É unha especie de canon que provoca un movemento escénico moi interesante. Xurde unha dinámica da propia escena que arrastra o interese do espectador por riba dos atrancos para entender a o diálogo. Unha multiplicación de factores que afectan a todo menos ao resultado. Outra maneira de velo é que se trata dun rebumbio que non aporta nada e que impide entender aos actores...

Eurozone Chévere
Abrimos unha serie para seguir o traballo en proceso de Eurozone, a obra que Chévere está preparando para estrear en febreiro de 2013. Eurozone trata sobre a crise, sobre Europa, sobre nós. Buscando unha explicación ao que está sucendendo decidimos establecer un paralelismo entre Reservoir Dogs, a peli de Tarantino, e crise de soberanía en Europa. Probar a cambiar matóns por políticos e a ver que pasa.