Imos entrarlle aos personaxes políticos, pero non para parodialos nin para facer un traballo de imitación nin un achegamento naturalista. Imos buscar como entrarlles por outro sitio. Plantexamos un paralelismo a varias bandas entre os personaxes da peli, os actores que os facían, os países e as súas figuras políticas máis representativas. E propoñemos saír ao escenario a contar como as vemos. Esta é a presentación de David Cameron que fixo Borja.
Eurozone Chévere
Abrimos unha serie para seguir o traballo en proceso de Eurozone, a obra que Chévere está preparando para estrear en febreiro de 2013. Eurozone trata sobre a crise, sobre Europa, sobre nós. Buscando unha explicación ao que está sucendendo decidimos establecer un paralelismo entre Reservoir Dogs, a peli de Tarantino, e crise de soberanía en Europa. Probar a cambiar matóns por políticos e a ver que pasa.
Eurozone, os personaxes
1 people like this
Log in or register above to comment