Unha das primeiras improvisacións feitas en grupo para poñer en práctica o tipo de narración que queremos facer. O actor, a actriz, non só actúa, senón que sobre todo vai contando como é a súa maneira de operar en escena, cales son as súas referencias, como vai dicir a seguinte frase e por qué... Facelo só non deixa de ser a maneira natural de contar calquera historia, pero facelo en grupo supón todo tipo de problemas para que se entenda algo e para manter o interese do público.

Eurozone Chévere
Abrimos unha serie para seguir o traballo en proceso de Eurozone, a obra que Chévere está preparando para estrear en febreiro de 2013. Eurozone trata sobre a crise, sobre Europa, sobre nós. Buscando unha explicación ao que está sucendendo decidimos establecer un paralelismo entre Reservoir Dogs, a peli de Tarantino, e crise de soberanía en Europa. Probar a cambiar matóns por políticos e a ver que pasa.