Rede Nasa

Combine your search criteria to find the material you are looking for


Video

Chévere, 30 anos na memoria e na voz do público

Chévere cumpre 30 anos en 2017. Para facer memoria do que foi a compañía ao longo destes anos, cedímoslle a palabra a quen mellor pode facelo: o público. Persoas de varias xeracións falan da súa relación con Chévere, lembran como coñeceron o grupo, que sentiron ao ver algunhas das obras, como se cruzou o teatro coas súas vidas... En fin, pequenas historias para recordar grandes momentos.

  • Previous
  • Next
Insert

#Chévere3_0 Pequenas historias para contar grandes momentos: Viducha e Asun

Este ano cumprimos tres décadas! Para facer memoria do que foi Chévere ao longo destes anos, cedemos a palabra a quen mellor pode facelo: o público. Persoas de varias xeracións falan da súa relación con Chévere, lembran como coñeceron ao grupo, que sentiron ao ver algunhas das obras, que relación teñen coas súas vidas...

Viducha e Asun son nai e filla e as dúas son espectadoras de Chévere desde hai anos. Cóntannos cando Viducha se converteu na faciana que anunciaba os obradoiros do espectador que Chévere organizaba nos centros socioculturais de Compostela, para depois ir ver obras á Nasa.