Rede Nasa

Combine your search criteria to find the material you are looking for


Video
Insert

#Chévere3_0 Pequenas historias para contar grandes momentos: Elena e Mari

Este ano cumprimos tres décadas! Para facer memoria do que foi Chévere ao longo destes anos, cedemos a palabra a quen mellor pode facelo: o público. Persoas de varias xeracións falan da súa relación con Chévere, lembran como coñeceron ao grupo, que sentiron ao ver algunhas das obras, que relación teñen coas súas vidas...

Elena e Mari son mestras e ainda que coñecen a Chévere desde hai moitos anos, foi nos últimos anos cando se converteron en espectadoras habituais, asistindo xuntas a obras e Ultranoites que se converteron nunha especie de terapia da que saen renovadas.