Este ano cumprimos tres décadas! Para facer memoria do que foi Chévere ao longo destes anos, cedemos a palabra a quen mellor pode facelo: o público. Persoas de varias xeracións falan da súa relación con Chévere, lembran como coñeceron ao grupo, que sentiron ao ver algunhas das obras, que relación teñen coas súas vidas...
Pedro xa era espectador de teatro cando apareceu Chévere en escena e lembra o impacto que supuxeron as súas primeiras obras, así como a creación da Nasa, as primeiras performances que se veían en Compostela e a Ultranoite como punto de encontro para moita xente que daquela constituiran a Troita Armada, un dos primeiros clubes gastronómicos da cidade.