Este ano cumprimos tres décadas! Para facer memoria do que foi Chévere ao longo destes anos, cedemos a palabra a quen mellor pode facelo: o público. Persoas de varias xeracións falan da súa relación con Chévere, lembran como coñeceron ao grupo, que sentiron ao ver algunhas das obras, que relación teñen coas súas vidas...
Paco Rubinos é un veterano daquela Compostela dos oitenta na que xurdiu Chévere e compartiu coa xente da compañía moitas aventuras e vivencias deses anos, un tempo no que as fronteiras entre quen estaba no escenario e quen estaba fóra eran moi borrosas.