Rede Nasa

Combine your search criteria to find the material you are looking for


Video

Chévere, 30 anos na memoria e na voz do público

Chévere cumpre 30 anos en 2017. Para facer memoria do que foi a compañía ao longo destes anos, cedímoslle a palabra a quen mellor pode facelo: o público. Persoas de varias xeracións falan da súa relación con Chévere, lembran como coñeceron o grupo, que sentiron ao ver algunhas das obras, como se cruzou o teatro coas súas vidas... En fin, pequenas historias para recordar grandes momentos.

  • Previous
  • Next
Insert

#Chévere3_0 Pequenas historias para contar grandes momentos: Macías

Este ano cumprimos tres décadas! Para facer memoria do que foi Chévere ao longo destes anos, cedemos a palabra a quen mellor pode facelo: o público. Persoas de varias xeracións falan da súa relación con Chévere, lembran como coñeceron ao grupo, que sentiron ao ver algunhas das obras, que relación teñen coas súas vidas...


Macías tiña 17 anos cando o seu instituto programou unha viaxe a Compostela para ver unha función de Río Bravo na Nasa. Cóntanos como ían desconfiados e como volveron encantados, como preferiron volver ver a obra cando se puxo en Noia antes que saír de marcha como adoitaban facer cada sábado. Como Río Bravo quedou como un nexo de unión entre os seus compañeiros e como despois quixo seguir vendo máis teatro.