Este ano cumprimos tres décadas! Para facer memoria do que foi Chévere ao longo destes anos, cedemos a palabra a quen mellor pode facelo: o público. Persoas de varias xeracións falan da súa relación con Chévere, lembran como coñeceron ao grupo, que sentiron ao ver algunhas das obras, que relación teñen coas súas vidas...
Emilio é de Santiago e cando era un cativo ía nadar á piscina universitaria e xa entón imaxinaba todo tipo de historias cando pasaba por diante daquel taller mecánico abandonado que logo ía ser a Nasa. Dalgún xeito el tamén imaxinara a Nasa e de feito viuna nacer cando entrou na Universidade.