Rede Nasa

Combine your search criteria to find the material you are looking for


Video

Chévere, 30 anos na memoria e na voz do público

Chévere cumpre 30 anos en 2017. Para facer memoria do que foi a compañía ao longo destes anos, cedímoslle a palabra a quen mellor pode facelo: o público. Persoas de varias xeracións falan da súa relación con Chévere, lembran como coñeceron o grupo, que sentiron ao ver algunhas das obras, como se cruzou o teatro coas súas vidas... En fin, pequenas historias para recordar grandes momentos.

  • Previous
  • Next
Insert

#Chévere3_0 Pequenas historias para contar grandes momentos: Cristina

Este ano cumprimos tres décadas! Para facer memoria do que foi Chévere ao longo destes anos, cedemos a palabra a quen mellor pode facelo: o público. Persoas de varias xeracións falan da súa relación con Chévere, lembran como coñeceron ao grupo, que sentiron ao ver algunhas das obras, que relación teñen coas súas vidas...

Cristina Fuentes é da Coruña e a primeira obra que viu de Chévere foi Testosterona. Cando entrou na sala sorprendeuna atopar que o teatro non estaba onde estaba habitualmente, que o escenario non estaba no escenario e que asistiu a unha auténtica transformación, que foi testemuña dunha metamorfose total dos personaxes.