A finais do mes de novembro Chévere iniciou o traballo de preparación do seu novo espectáculo, que leva o título provisional de Eurozoone e que será estreado a comezos do mes de febreiro. De entrada, unhas sesións de traballo "de mesa" para asimilar información e datos.

Eurozone Chévere
Abrimos unha serie para seguir o traballo en proceso de Eurozone, a obra que Chévere está preparando para estrear en febreiro de 2013. Eurozone trata sobre a crise, sobre Europa, sobre nós. Buscando unha explicación ao que está sucendendo decidimos establecer un paralelismo entre Reservoir Dogs, a peli de Tarantino, e crise de soberanía en Europa. Probar a cambiar matóns por políticos e a ver que pasa.