O sábado pasado fixemos un pase con público de Eurozone. A obra aínda non estaba completa ao 100%, pero como xa faltaba pouco, perdímoslles aos asistentes que nos contasen algo sobre o que acababan de ver. Isto é o que nos dixeron. Gracias pola xenerosidade para ofrecer unha opinión collida ao vóo a Alberto, Cuco, Fany, Óscar e Cata. Para o resto, as funcións seguirán en Teo desde o venres 22 de febreiro ata o domingo 10 de marzo.
Eurozone Chévere
Abrimos unha serie para seguir o traballo en proceso de Eurozone, a obra que Chévere está preparando para estrear en febreiro de 2013. Eurozone trata sobre a crise, sobre Europa, sobre nós. Buscando unha explicación ao que está sucendendo decidimos establecer un paralelismo entre Reservoir Dogs, a peli de Tarantino, e crise de soberanía en Europa. Probar a cambiar matóns por políticos e a ver que pasa.
Que nos cuentan de Eurozone los que ya la vieron?
3 people like this
2 comments
Log in or register above to comment
Expo:
A Eurozone é uma sorte de puticlub onde uma banda de sociópatas son incapaces de xerar um ponto de pàrtida em común. O espéctaculo está contado dun xeito cinematográfico co que chevere pasa amosarnos unha peli de cine negro desas con mal@s malisim@s que de tanto mal chegar a ser absolutamente estúpidos. A escenógrafia afonda nese fondo tópico de que os galegos nen suben nen baixan pero deta vez aplicado aos paises da eurozona. A escada mecánica parada suxeriume uma europa mergullada de cheo neste tópico a base de xirope de austeridade.
Ademáis chévere invita ao publico a participar e poñer solución ao problema, e desde o meu ponto de vista invitandonos a toda a cidadania a tomar cartas no asunto ante a irresponasabilidade dos poderes fácticos aos que critica non so por ineptos senon tambén por estar desquiciados na sua ambicion polo diñeiro
Patricia de Lorenzo:
Grazas a todo o público que asistiu. Cada vez temos máis claro que estes pases con público son fundamentais para sentir ritmos, detectar fallos, axustar tempos...