Usamos unha anecdota real de Pepe con Baltar para exemplificar a maneira natural con que acostumamos contar unha historia entrando e saíndo dos personaxes e asumindo distintos roles e planos de actuación durante a narración. Máis ou menos é o que trataremos de facer, pero en grupo, construíndo e reconstruíndo uns sobre os outros, pero mantendo sempre o mesmo relato.

Eurozone Chévere
Abrimos unha serie para seguir o traballo en proceso de Eurozone, a obra que Chévere está preparando para estrear en febreiro de 2013. Eurozone trata sobre a crise, sobre Europa, sobre nós. Buscando unha explicación ao que está sucendendo decidimos establecer un paralelismo entre Reservoir Dogs, a peli de Tarantino, e crise de soberanía en Europa. Probar a cambiar matóns por políticos e a ver que pasa.