Este venres estreamos Eurozone, o novo espectáculo de Chévere, no auditorio da Ramallosa, en Teo. Un panfleto teatral sobre a crise da zona Europa e o fin da idea de Europa, que establece un diálogo en escena con Reservoir Dogs, a primeira peli de Tarantino. Como anticipo, deixámosvos este exercicio de apropiación da escena inicial de Reservoir Dogs usando a técnica de dobraxe.

Eurozone Chévere
Abrimos unha serie para seguir o traballo en proceso de Eurozone, a obra que Chévere está preparando para estrear en febreiro de 2013. Eurozone trata sobre a crise, sobre Europa, sobre nós. Buscando unha explicación ao que está sucendendo decidimos establecer un paralelismo entre Reservoir Dogs, a peli de Tarantino, e crise de soberanía en Europa. Probar a cambiar matóns por políticos e a ver que pasa.