Pois xa estamos de volta. A verdade é que foi un pracer poder adicarnos só a subirnos ao escenario para actuar, sen ter que preocuparnos de mais nada durante este mes. Quedamos contentos do noso paso polo CDN, como creo que quedaron eles contentos con Chévere. A verdade é que xa molaba repetir para o ano que ven.
Afortunadamente seguimos por Galicia e Portugal.
Ah, e saiu outra crítica de Eurozone en Madrid, menudo dossier de prensa que nos traemos!
http://avionesdesplumados.blogspot.com.es/2013/11/eurozone-compania-chevere.html?spref=tw
Rede Nasa
Comments
O fotógrafo Gabriel Tizón visitounos durante a nosa estancia en Madrid e deixounos este agasallo. Fotaza na porta do CDN cuns cans que andaban por alí. Chegarás lonxe Gabriel Tizón... Grazas.
Este é o enlace da nova no telexornal da galega sobre Chévere en Madrid. Como non temos costume de que se fale nestes espazos de Chévere, prestounos moito. Grazas a Sabela Romar, redactora da TVG en Madrid. Comentounos posteriormente que a nova tivo picos de audiencia. A verdade é que nunca entenderei como se miden estas cousas...
http://www.crtvg.es/informativos/o-grupo-chevere-baila-con-merkel-en-lavapies-no-espectaculo-eurozone-699046
Parabéns a "36caracteres". Fixeron un excelente traballo.
Estamos distribuidos por varios apartamentos de Madrid. No barrio de Chueca, diante da nosa casa, está pegado este cartel, nunha rúa chea de merda.
Pero non temos moi claro que é o que está facendo exactamente Rajoy. Que dicides?
E pola tarde, ao rematar a función, coloquio co grupo de estudo de linguas ibéricas. Carme Lamela é o espírito mobilizador da gran parte do público de onte. Esta fin de semana no CDN falouse galego. Grazas á direción pola súa sensibilidade. Grazas tamén a 36 caracteres e o seu excelente traballo de sobretitulado das funcións.
Onte fomos dar un Obradoiro do Espectador ao barrio de Prosperidad. Tiñamos entre xs asistentes a persoas da Asociación de Veciñxs Valle Inclán, de Atac e do 15M.
Un pracer mutuo a experiencia. Xesús Ron fai unha exposición tan ben fiada e tan auténtica...
A min si.
Eu decidinme pola Musaka, moi boa.