Rede Nasa

Combine your search criteria to find the material you are looking for


Comments

Como arrancar cun momento de violencia? unha persoa arrastra a outra cunha corda amarrada ao pescozo. Como empezar? Iván ensínalle a Mónica unha posible maneira de gañar o chan para o que vai vir despois.  
Nin idea de que Europa era unha princesa fenicia raptada e seducida por Zeus.
Métodos para mecanizar. Entre os métodos que utilizamos para mecanizar unha escena de Eurozone está o da gravación de audio con imaxe. Aquí estamos parte de elenco visionando o resultado no estudio de Xacobe Martínez Antelo, cómplice neste proceso. A escena en cuestión é todo un reto e vai precisar da concentración e destreza vocal e visual das 8 persoas que estarán en escena.
Vai tomando forma a construción da escaleira. Xa se ven as dimensións do obxecto escénico central de Eurozone.
Traballando un momento concreto dunha escena de Eurozone. Buscando o tono e procurando ser consecuentes.
Creo que non hai aletas abondas nesa ilustración.
"Todo o mundo sabe que agora os ladróns levan traxe". É así, é algo que xa non se pode ocultar máis. As Naranjas de la China téñeno claro e fixeron esta canción.
Así que a democracia foi unha ilusión
Efectivamente, Eurozone é teatro político.
| Eurozone