En Eurozone seguimos investigando no mundo casino e fixemos esta proba para unha tragaperras dedicada aos líderes europeos. É evidente a relación entre as esfera da economía, a esfera da política e a esfera dos xogos de "azar". O símil do casino para referirse á escena económica actual utilízase a cotío. E nós estamos tratando de introducir un momento-casino na obra, aproveitando que o espazo no que transcorre a acción será unha especie de templo do xogo que non chegou a ser inaugurado, como tantos outros edificios construídos nos últimos anos.

Eurozone Chévere
Abrimos unha serie para seguir o traballo en proceso de Eurozone, a obra que Chévere está preparando para estrear en febreiro de 2013. Eurozone trata sobre a crise, sobre Europa, sobre nós. Buscando unha explicación ao que está sucendendo decidimos establecer un paralelismo entre Reservoir Dogs, a peli de Tarantino, e crise de soberanía en Europa. Probar a cambiar matóns por políticos e a ver que pasa.