Patricia de Lorenzo:
Pero que lle estará facendo ou dicindo???
Rede Nasa
Eurozone
Eurozone
Abrimos este espazo para transparentar o proceso de traballo de Eurozone, a nova obra dos Chévere. Para que podas entrar e compartir probas, erros, dúbidas e solucións que van aparecendo cada día. Un espazo onde poderás interactuar cos actores e actrices da obra e seguir o desenvolvemento dos ensaios a través dos diarios de cada un deles. No Blog de Eurozone tamén atoparás información sobre os materiais xerados, sobre convocatorias, ensaios abertos, datas de estrea e funcións da obra.
-
Borja Fernández:Bibliografía 1: libro de Steiner "LA idea de Europa". Xesús pásanos este libro para votarlle unha ollada, e hai cousas tan interesantes coma graciosas, por exemplo, Steiner di: Europa poderia estructurarse a través dos cafés : dende o favorito de Pessoa, ate os cafés de odesa frecuentados polos gangsters de Isaak Babel. Hai moi poucos en Inglaterra, despois dunha moda pasaxeira no s. XVIII. Se trazamos un mapa dos cafés teremos un dos indicadores esenciais da idea de Europa. o café é un lugar para a cita e a conspiración, para o debate intelectual e o cotilleo. QUÉ OPINADES? e para rematar este post deixovos con Haendel, un tipo que traballou para satisfacer os gustos o pobo e non da nobreza ou os mecenas.
4 people like this
2 comments
Log in or register above to comment
Arantza Villar:
Pois vou para cama escoitando a Haendel, imaxinando a escena da tortura...