Abrimos este espazo para transparentar o proceso de traballo de Eurozone, a nova obra dos Chévere. Para que podas entrar e compartir probas, erros, dúbidas e solucións que van aparecendo cada día. Un espazo onde poderás interactuar cos actores e actrices da obra e seguir o desenvolvemento dos ensaios a través dos diarios de cada un deles. No Blog de Eurozone tamén atoparás información sobre os materiais xerados, sobre convocatorias, ensaios abertos, datas de estrea e funcións da obra.
Pepe Penabade:
Por fin dei entrado no meu blog........!
Realmente nunca pensei que neste espectáculo acabaría facendo de Angela Merkel.....pero como dí Patricia, de nova...ser era guapa...Ainda así preferia algo franchute.
2 people like this
1 comments
Log in or register above to comment
Patricia de Lorenzo:
Benvido ao blog, compañeira! Que foto máis guapa!