Patricia de Lorenzo:
Abofé que foi unha semana intensa!
Rede Nasa
Eurozone
Eurozone
Abrimos este espazo para transparentar o proceso de traballo de Eurozone, a nova obra dos Chévere. Para que podas entrar e compartir probas, erros, dúbidas e solucións que van aparecendo cada día. Un espazo onde poderás interactuar cos actores e actrices da obra e seguir o desenvolvemento dos ensaios a través dos diarios de cada un deles. No Blog de Eurozone tamén atoparás información sobre os materiais xerados, sobre convocatorias, ensaios abertos, datas de estrea e funcións da obra.
-
Arantza Villar:Esta semana foi moooi produtiva. Case temos a obra enteira (sen desbrozar) e chegou a escaleira, que é o elemento máis importante da escenografía... Estou segura de que o que tal rin estes días, alongoume a vida un par de anos. E iso que as novas de corrupción política non paran de saír (xa sexa a nivel estatal ou municipal). Menos mal que hai moita xente que xa está farta e cada vez son máis as persoas que se manifestan dalgunha maneira (agora mesmiño na sede do PP en Génova!). En fin, que hoxe volveu á miña cabeza unha imaxe que busquei hai unhas semanas para unha impro que propuxo Xesús, e finalmente non utilicei... aquí vola deixo... boa finde!!
2 people like this
1 comments
Log in or register above to comment