Rede Nasa
Eurozone
Eurozone
Abrimos este espazo para transparentar o proceso de traballo de Eurozone, a nova obra dos Chévere. Para que podas entrar e compartir probas, erros, dúbidas e solucións que van aparecendo cada día. Un espazo onde poderás interactuar cos actores e actrices da obra e seguir o desenvolvemento dos ensaios a través dos diarios de cada un deles. No Blog de Eurozone tamén atoparás información sobre os materiais xerados, sobre convocatorias, ensaios abertos, datas de estrea e funcións da obra.
-
Patricia de Lorenzo:Entrada brusca. Hoxe seguimos buscando como desprazar a unha persoa que ofrece resistencia. Parece que quedan descartadas opcións como a de colocar un arnés para turrar por ela sen mancar a Mónica. Deixamos a un lado os artiluxios para ir a algo máis real.
2 people like this
Log in or register above to comment