Rede Nasa
Galician rock at Sala Nasa
Polo escenario da Nasa non pasou todo o mundo, pero si boa parte del. Facendo historia a través do seu arquivo podemos atopar moitos dos grupos máis influíntes do rock galego deste periodo: os concertos de Rock Parrulo, o Bravú, os ciclos de Redenasa.son... Hoxe recompilamos unha serie de gravacións para recordar tempos pasados, imaxinar tempos futuros e recordar a Sala Nasa e a dua labor como escaparate da cultura galega.
Chévere, 30 anos na memoria e na voz do público
Chévere cumpre 30 anos en 2017. Para facer memoria do que foi a compañía ao longo destes anos, cedímoslle a palabra a quen mellor pode facelo: o público. Persoas de varias xeracións falan da súa relación con Chévere, lembran como coñeceron o grupo, que sentiron ao ver algunhas das obras, como se cruzou o teatro coas súas vidas... En fin, pequenas historias para recordar grandes momentos.
Obras completas: Citizen I
Citizen é un proxecto de creación escénica que trata de por en práctica novos procesos de traballo e produción, combinando a aposta pola investigación teatral coa necesidade de obtener uns
resultados de cara ao público.
O proxecto completo de Citizen componse de tres espectáculos autónomos de pequeno e mediano formato, que se foron facendo e estreando na Sala Nasa de Santiago de Compostela ao longo
da tempada 2010-2011, como se se tratase dunha obra de teatro por episodios. Cada un deles foi a continuación e a consecuencia do anterior. E ao final, a suma dos tres supuxo un novo espectáculo
de case catro horas de duración.
Situámonos nese momento iniciático que ten toda gran aventura. Cando é difícil separar a realidade de los soños. A verdade da invención. O teatro, da vida. Imos contar unha historia da Transición en España a partir dunha extraña coincidencia histórica: a morte de Franco e a apertura das primeiras tendas de Zara en A Coruña ocorren no mesmo año, separadas por unhas poucas semanas.
Estamos en 1975. Franco morreu. Sara, unha estudante comprometida no movemento antifranquista, fuxe da policía e refúxiase nunha tenda que aínda non abríu. Aí atópase co seu dono, A.O., un empresario afastado da realidade e disposto a conquistar un imperio. Ella está exactamente onde lle corresponde estar. El non ten posición. Ela é dun lugar do que ven fuxindo. El xa esqueceu de onde vén, pero sabe exactamente a onde quere chegar.
Citizen II
O proxecto completo de Citizen componse de tres espectáculos autónomos de pequeno e mediano formato, que se foron facendo e estreando na Sala Nasa de Santiago de Compostela ao longo da tempada 2010-2011, como se se tratase dunha obra de teatro por episodios. Cada un deles foi a continuación e a consecuencia do anterior. E ao final, a suma dos tres supuxo un novo espectáculo
de case catro horas de duración.
Eroski Paraíso, a obra 1/4
Eroski Paraíso estreouse en Muros no 2016 e representouse por derradeira vez no 2019. Foi o primeiro traballo de Chévere logo de recibir el Premio Nacional de Teatro en 2014. Un espectáculo que exploraba a memoria colectiva, a deriva vital e a transformación dos afectos dentro dunna pequena comunidade, a partir de historias reais recollidas sobre a sala de festas O Paraíso, que funcionou en Muros entre 1972 e 1990, e que se transformou nun supermercado Eroski, un feito que, cambiando os nomes, se repite en infinidade de vilas e cidades.
Eroski Paraíso é un dos espectáculos de máis exitosos e queridos de Chévere. Acadou un total de 132 funcións e 15 das 17 comunidades autónomas de España, ademais de Braga (Portugal) e París (Francia). En total, máis de 32.000 persoas pasaron polo teatro para ver o espectáculo. En 2019, a obra converteuse nun filme dirixido por Jorge Coira e Xesús Ron, grazas a unha coprodución de Chévere e Ollovivo. E o texto foi publicado en 2018 na Biblioteca de Teatro de Kalandrka Editora.
DEIXAMOS TEO DESPOIS DE SEIS ANOS DE TRABALLO COMO COMPAÑÍA RESIDENTE
Chévere Be the first to comment!
Text