Rede Nasa

Combina os criterios de busca para atopar ese material que estás procurando


Vídeo

Chévere, 30 anos na memoria e na voz do público (1987/2017)

Chévere cumpre 30 anos en 2017. Para facer memoria do que foi a compañía ao longo destes anos, cedímoslle a palabra a quen mellor pode facelo: o público. Persoas de varias xeracións falan da súa relación con Chévere, lembran como coñeceron o grupo, que sentiron ao ver algunhas das obras, como se cruzou o teatro coas súas vidas... En fin, pequenas historias para recordar grandes momentos.

  • Anterior
  • Seguinte
Insertar

#Chévere3_0 Pequenas historias para contar grandes momentos: Xosé

Este ano cumprimos tres décadas! Para facer memoria do que foi Chévere ao longo destes anos, cedemos a palabra a quen mellor pode facelo: o público. Persoas de varias xeracións falan da súa relación con Chévere, lembran como coñeceron ao grupo, que sentiron ao ver algunhas das obras, que relación teñen coas súas vidas...

Xosé considera aos Chévere como amigos da casa porque as súas obras o acompañaron durante media vida. Cóntanos que Citizen fíxoo volver á militancia da súa mocidade e despois de ver a función revolveu entre os seus libros de vello para rescatar dun caixón os volumes de Mao e Marta Harnecker, que desde entón quedaron xuntiños nos estantes.