Rede Nasa

Combina os criterios de busca para atopar ese material que estás procurando


Vídeo
Insertar

#Chévere3_0 Pequenas historias para contar grandes momentos: Marga

Este ano cumprimos tres décadas! Para facer memoria do que foi Chévere ao longo destes anos, cedemos a palabra a quen mellor pode facelo: o público. Persoas de varias xeracións falan da súa relación con Chévere, lembran como coñeceron ao grupo, que sentiron ao ver algunhas das obras, que relación teñen coas súas vidas...

Marga vive en Teo e desde que Chévere está no concello non perdeu ningunha oportunidade de ver ultranoites e obras da compañía. Cóntanos que foi ver tres veces Eurozone, a primeira chegou a casa rindo soa, a segunda xa non lle fixo tanta gracia porque empezou a facer outra lectura da obra e a terceira non chorou de milagre porque non deixaba de pensar que os poderosos están dándonos por todos lados sen que poidamos facer moito.