Rede Nasa

Combina os criterios de busca para atopar ese material que estás procurando


Vídeo
Insertar

#Chévere3_0 Pequenas historias para contar grandes momentos: Paco Bonos

Este ano cumprimos tres décadas! Para facer memoria do que foi Chévere ao longo destes anos, cedemos a palabra a quen mellor pode facelo: o público. Persoas de varias xeracións falan da súa relación con Chévere, lembran como coñeceron ao grupo, que sentiron ao ver algunhas das obras, que relación teñen coas súas vidas...

Paco Bonos leva moitos anos vendo obras de Chévere e cóntanos que atopa un sabor especial sobre todo nesas obras máis pequenas, como As Fillas Bravas, ou efémeras, como aquela de Casa Tomada na Praza de Cervantes. El agora vive en Teo e confesa que lle encantou atoparse con Chévere aquí, integrándose nesta nova comunidade.