Rede Nasa

Combina os criterios de busca para atopar ese material que estás procurando


Vídeo
Insertar

#Chévere3_0 Pequenas historias para contar grandes momentos: Cristina e Iván

Este ano cumprimos tres décadas! Para facer memoria do que foi Chévere ao longo destes anos, cedemos a palabra a quen mellor pode facelo: o público. Persoas de varias xeracións falan da súa relación con Chévere, lembran como coñeceron ao grupo, que sentiron ao ver algunhas das obras, que relación teñen coas súas vidas...

Cristina chegou a Chévere a través de Citizen e das Ultranoites e cando se decatou que moitas das súas amizades non coñecían o grupo, decidiu que os seus agasallos de aniversario a partir de entón serían entradas paras as obras de Chévere. Iván foi un dos agasallados e despois de ver a súa primeira Ultranoite recuncou en todos os demais espectáculos da compañía.