Rede Nasa

Combina os criterios de busca para atopar ese material que estás procurando


Vídeo
Insertar

#Chévere3_0 Pequenas historias para contar grandes momentos: Manuela

Este ano cumprimos tres décadas! Para facer memoria do que foi Chévere ao longo destes anos, cedemos a palabra a quen mellor pode facelo: o público. Persoas de varias xeracións falan da súa relación con Chévere, lembran como coñeceron ao grupo, que sentiron ao ver algunhas das obras, que relación teñen coas súas vidas...

A Manuela gústanlle as obras de Chévere desde que descubriu Río Bravo a comezos dos noventa. Despois viu Annus Horríbilis e gustoulle aínda máis. Pensou que o que a ela lle gustaba de Chévere era ese teatro musical. Pero cando viu Citizen dixo “a min gústame o teatro musical de Chévere, pero este outro teatro crítico gústame aínda máis”. E cando viu Eroski Paraíso en Madrid convenceuse de que a ela Chévere gustáballe polo humor, pola música, pola crítica..., pero ademais e sobre todo por esa aposta por facer país.