Este ano cumprimos tres décadas! Para facer memoria do que foi Chévere ao longo destes anos, cedemos a palabra a quen mellor pode facelo: o público. Persoas de varias xeracións falan da súa relación con Chévere, lembran como coñeceron ao grupo, que sentiron ao ver algunhas das obras, que relación teñen coas súas vidas...
Pepa e Quico levan toda unha vida xuntos, pero xa antes de coñecerse gozaban de obras como Río Bravo e Annus Horríbilis. Moitos anos despois, cos fillos criados, decidiron que a primeira obra que ían ver xuntos era Citizen.