Rede Nasa

Combina os criterios de busca para atopar ese material que estás procurando


Vídeo

Chévere, 30 anos na memoria e na voz do público (1987/2017)

Chévere cumpre 30 anos en 2017. Para facer memoria do que foi a compañía ao longo destes anos, cedímoslle a palabra a quen mellor pode facelo: o público. Persoas de varias xeracións falan da súa relación con Chévere, lembran como coñeceron o grupo, que sentiron ao ver algunhas das obras, como se cruzou o teatro coas súas vidas... En fin, pequenas historias para recordar grandes momentos.

  • Anterior
  • Seguinte
Insertar

#Chévere3_0 Pequenas historias para contar grandes momentos: Carla

Este ano cumprimos tres décadas! Para facer memoria do que foi Chévere ao longo destes anos, cedemos a palabra a quen mellor pode facelo: o público. Persoas de varias xeracións falan da súa relación con Chévere, lembran como coñeceron ao grupo, que sentiron ao ver algunhas das obras, que relación teñen coas súas vidas...

Carla ten 20 anos e xa con 12 foi ver Testosterona, cóntanos que era a única nena que había na sala e iso fíxolle sentir certo orgullo, pero tamén extrañeza. Aínda que non entendeu todo a obra encantoulle. Agora é xa espectadora habitual de todo o que fai Chévere.