Rede Nasa
Eroski Paraíso
Eroski Paraíso
Eroski Paraíso é a nova produción de Chévere para 2016, a primeira logo de recibir o Premio Nacional de Teatro. Un traballo que explora a memoria colectiva, a deriva vital e a transformación dos afectos dentro da comunidade dunha pequena vila galega a partir de historias reais recollidas sobre a sala de festas O Paraíso, que funcionou en Muros entre 1972 e 1990, convertida agora nun supermercado Eroski.
-
Once funciones con las entradas agotadas
Logo de case un mes sen parar un momento, por fin sacamos un anaquiño para darvos as grazas a tod@s: Eroski Paraíso está a ser a estrea máis potente de todas as que recordamos. Levamos once funcións (en Muros e Teo) esgotando entradas e 1.750 espectadores en algo menos de un mes.
Queremos tamén aproveitar para agradecerlle o seu apoio ao público de Muros, que nos acompañou nunha estrea moi especial, a poucos metros do mar e moi preto de onde estivera unha vez o Paraíso. Mil persoas que viñeron ver este novo espectáculo nos tres días que se representou na Fábrica de Sel, e que tanto buliron para mercar os seus billetes que acabaron por rematarse en pouco máis de dúas horas. Quédanos claro que o teatro tamén ten futuro fóra das cidades.
Sabemos que sodes moitos os que quedastes sen ver Eroski Paraíso, pero esperamos que queden aínda moitas oportunidades por diante para facelo. De momento, dámosvos cita en Lalín (13 de maio, Salón Teatro) e Coruña (20 e 21 de maio, Teatro Rosalía). Verémonos pronto, non o dubidedes.
Log in or register above to comment