Rede Nasa
Eroski Paraíso
Eroski Paraíso
Eroski Paraíso é a nova produción de Chévere para 2016, a primeira logo de recibir o Premio Nacional de Teatro. Un traballo que explora a memoria colectiva, a deriva vital e a transformación dos afectos dentro da comunidade dunha pequena vila galega a partir de historias reais recollidas sobre a sala de festas O Paraíso, que funcionou en Muros entre 1972 e 1990, convertida agora nun supermercado Eroski.
-
Eroski Paraíso, o filme
A principios de setembro, o auditorio Constante Liste da Ramallosa (Teo) acolleu a gravación de Eroski Paraíso: o filme, un proxecto audiovisual dirixido por Jorge Coira que se realizará grazas á colaboración entre dúas produtoras culturais independentes: Chévere, dedicada ao mundo escénico e OlloVivo. orientada aos proxectos audiovisuais.
Eroski Paraíso: o filme, que se estreará en 2019, está protagonizado por Miguel de Lira, Patricia de Lorenzo, Cristina Iglesias e Luís Martínez. Trátase dunha co-produción independente realizada sen subvencións públicas, co soporte humano, material e loxístico das dúas produtoras e coa colaboración das empresas Vegalsa-Eroski e Deleite. A rodaxe conta tamén co apoio do concello de Teo, onde Chévere funciona como compañía residente.
O director Jorge Coira recolle agora –máis de dous anos despois da estrea do espectáculo—o testigo de pasar á linguaxe do cine a historia que contamos sobre o escenario. Este proxecto afastarase do teatro filmado para ofrecer unha nova lectura do espectáculo teatral de Chévere mediante a súa tradución ao medio cinematográfico.
Log in or register above to comment