Rede Nasa
Eroski Paraíso
Eroski Paraíso
Eroski Paraíso é a nova produción de Chévere para 2016, a primeira logo de recibir o Premio Nacional de Teatro. Un traballo que explora a memoria colectiva, a deriva vital e a transformación dos afectos dentro da comunidade dunha pequena vila galega a partir de historias reais recollidas sobre a sala de festas O Paraíso, que funcionou en Muros entre 1972 e 1990, convertida agora nun supermercado Eroski.
-
Un obradoiro de creación con Chévere
Durante os días 21 e 22 de decembro de 2015, Chévere realizou un obradoiro de prácticas de creación escénica con Chévere dirixido a actrices e actores novos. A intención era abrir un espazo de interacción, transmisión de coñecementos e diálogo interxeracional, pero tamén seleccionar un actor ou actriz de menos de 26 anos para a nova produción de Chévere. A convocatoria realizouse fundamentalmente por medio das redes sociais, pero puxémonos tamén en contacto con escolas de teatro, grupos de teatro afeccionado e medios de comunicación.
A resposta foi excelente. Recibimos un total de 44 solicitudes, entre as que seleccionamos só 14 persoas para garantir que todo o mundo puidese traballar con comodiade. Durante o obradoiro, os participantes puideron familiarizarse coas prácticas teatráis de Chévere e realizar un traballo de inmersión no proxecto Eroski Paraíso. Houbo tempo para subirse ao escenario e improvisar, pero tamén para falar e compartir coñecementos nas dúas direccións.
Finalmente, e logo de moitas deliberacións e unha certa mágoa -teríanos gustado contar con todo o mundo- eliximos a unha persoa para incorporarse ao equipo de Eroski Paraíso. Chámase Cristina Iglesias e podedes vela xa traballando no novo espectáculo de Chévere.
Log in or register above to comment